domingo, 3 de junio de 2012

Familias de Allariz




O domingo 27 de maio un grupo de familias de Allariz organizáronse e viñeron pasar o día a Lodoselo... Facer o pan no forno comunitario, paseo no carro do burro Fariñeiro, obradoiro do carballo con botas, xantar, xogar, coñecer os nosos animais,  montar na Torda...  Achegáronnos estas fotos. Moitas grazas.

viernes, 11 de mayo de 2012

Naceu a primeira añiña




O xoves 10 de maio naceu a primeira aña do pequeno rebaño de ovella galega que temos (5 ovellas e un carneiro). Foi o acontecemento do día para o grupo (Ceip Nosa Señora de Xuvencos de Boborás) que estaba participando no pobo escola. As fotos son do día seguinte pola tarde.


     E o 14 e o 15 tocou rapar as ovellas porque veu o calor... Alberto e sobre todo Maruja, (coa axuda de  Lucita e Manola) deixaron as pericas frescas; o susto chegou para todos/as porque escapaban coma raios. Agora buscan sol e sombra.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Un novo centro como espazo de encontro



     Fotos do do novo centro que o CDR O Viso e COCEDER (a Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural, na que estamos integrados) acabamos de constuír; estamos pendentes dos pertinentes permisos para abrir; un centro para as persoas maiores, para a comunidade rural na que os participantes sexan parte activa e non só perceptores de servizos. Si, xa temos moito feito... pero o mellor que se pode facer está por facer.
    Fotos do interior en
https://picasaweb.google.com/114447504139747863141/UnNovoEspazoDeEncontro